Última sesión do obradoiro de Comercialización organizado por SINERXIA no PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA O AFORTALAMENTO E CONSOLIDACION EMPRESARIAL DAS COOPERATIVAS GALEGAS E AS SÚAS REDES

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA O AFORTALAMENTO E CONSOLIDACION EMPRESARIAL DAS COOPERATIVAS GALEGAS E AS SÚAS REDES - Obradoiro en Comercialización

Organiza:

Federación de Cooperativas SINERXIA e a REDE EUSUMO

Obxectivos:
- Atender as necesidades formativas específicas nos ámbitos da xestión interna e planeamento empresarial das cooperativas e sociedades laborais.
- Implementar un modelo flexible de programación e execución das accións formativas acorde á dispoñibilidade, proximidade e necesidades da/s cooperativa/s demandantes.
- Potenciar o coñecemento mutuo das organizacións de economía social e as súas redes, a nivel sectorial, intersectorial e xeográfico.
- Favorecer a formación presencial, práctica e participativa das temáticas demandadas dentro da área ofertada.
- Facer seguimento da implementación nas organizacións participantes das propostas realizadas nas accións formativas.

Duración / acción:
Acción de ata 20 horas adaptabéis ás necesidades de cada solicitante.

Data: 30 de xullo de 2015

Lugar: Santiago de Compostela. Instalacións de UGACOTA.

Contacto:

Pilar López Alves, Federación de Cooperativas SINERXIA
986 896 526            
pilaralves@sinerxia.org       
www.sinerxia.org  

Descargue o Programa aquí

Xoves, 30 July, 2015 - 13:30

Compartir