“Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”, A Coruña

•    A Rede Eusumo aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro "Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa".
•    A través deste obradoiro os participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre Wordpress.
•    Este obradoiro está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 02 e 03 de decembro en Coruña nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia, onde se porá a disposición dos asistentes equipos informáticos para interiorizar mellor os conceptos.

O obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”  enmárcanse no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A través deste Obradoiro preténdese mellorar a comunicación e a visibilidade das cooperativas, onde os participantes poderán crear e deseñar o seu propio Blog ou Website a través do software libre Wordpress.

Entre os obxectivos que se perseguen con este obradoiro destacan:
•    Mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas.
•    Ordenar a identidade gráfica da cooperativa.
•    Homexeneidade na representación visual da cooperativa.
•    Actualizar a imaxe.
•    Crear ou mellorar o posicionamento da cooperativa.
•    Abrir novos canles de comunicación a través de internet.

Este obradoiro, dirixido principalmente as cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 02 e 03 de decembro na Coruña nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia. Ambas sesións celebraranse en horario de tarde das 16:00 h. as 19:00 h., e serán impartidas de forma práctica e amena, fomentando a interacción dos participantes.

Inscrición:
O obradoiro ten carácter gratuíto.
Prazo de inscrición: ata o 01 de decembro de 2015. Prazas Limitadas.
Pódeste inscribir facilitando o nome da cooperativa, o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao teléfono 981 55 80 08  ou en info@eusumo.coop

Descargue o programa aquí

Para máis información:
Tlf: 981 55 80 08
info@eusumo.coop
www.eusumo.coop

 

 

Martes, 1 December, 2015 - 18:45 to Mércores, 2 December, 2015 - 18:45

Compartir