“Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”, Santiago de Compostela

O obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”  enmárcanse no programa de actuación 2015 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A través deste Obradoiro preténdese mellorar a comunicación e a visibilidade dos proxectos de economía social, onde os participantes poderán crear e deseñar o seu propio Blog ou Website a través do software libre Wordpress.

Entre os obxectivos que se perseguen con este obradoiro destacan:

•    Mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas.
•    Ordenar a identidade gráfica da cooperativa.
•    Homexeneidade na representación visual da cooperativa.
•    Actualizar a imaxe.
•    Crear ou mellorar o posicionamento da cooperativa.
•    Abrir novos canles de comunicación a través de internet.

Este obradoiro, aberto a todos os interesados, principalmente a proxectos de eocnomía social, está estruturado en dúas xornadas que se celebrarán os días 24 e 25 de novembro na cidade de Santiago de Compostela nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia. Ambas sesións celebraranse en horario de tarde das 16:30 h. as 19:30 h., e serán impartidas de forma práctica e amena, fomentando a interacción dos participantes.

Inscrición:
O obradoiro ten carácter gratuíto.
Prazo de inscrición: ata o 24 de novembro de 2015. Prazas Limitadas.
Pódeste inscribir facilitando o nome da cooperativa, o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao teléfono 981 55 80 08  ou en info@eusumo.coop

Descarga o programa aquí

Para máis información:
Tlf: 981 55 80 08
info@eusumo.coop
www.eusumo.coop

 

Luns, 23 November, 2015 - 20:45 to Martes, 24 November, 2015 - 20:45

Compartir