A 13º edición de Culturgal reestrutúrase fronte a Covid-19

A Feira das Industrias Culturais (Culturgal) renovará para este ano o seu formato para adaptarse ás circunstancias da Covid-19, garantir a súa celebración en condicións de seguridade e co lema “Dálle unha volta á Feira!”.
Esta 13º edición terá de novo a Pontevedra como sede e celebrarase do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura.

Outro ano mais, a Xunta de Galicia renova a súa colaboración económica con 65.000 euros para a organización da feira; que este ano será unha versión adaptada á situación actual e que neste contexto de crise reforzará o seu papel como ferramenta necesaria para o sector cultural de Galicia e como dispositivo ao servizo de empresas, entidades e creadores, así como da sociedade en xeral; todo elo para contribuír á recuperación e á revitalización de todas as fases da actividade cultural, adoptando as necesarias medidas sanitarias para ofrecerlles unha contorna segura aos participantes,
A súa vez, Culturgal tamén conta co apoio do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Cultura.

A apertura das convocatorias de stands e de programación está prevista para mediados de setembro.
Máis información en: www.culturgal.com

 

Venres, 27 November, 2020 - 09:00 to Domingo, 29 November, 2020 - 09:00

Compartir