2ª Edición de EMPRENDER EN SOLIDARIO: Formación cooperativa para persoas que queren emprender. (Vilagarcía de Arousa)

Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.

Obxectivos:

  • Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.
  • Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Programa:

  • Módulo 1.- O emprendemento.
  • Módulo 2.- O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.
  • Módulo 3.- Organización e financiamento.
  • Módulo 4.- Experiencia cooperativa.

Contidos:

1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. O emprendemento fronte a outras formas de emprego. O emprendemento colectivo e en cooperativa: Condicións básicas. Perfil da persoa emprendedora. As cooperativas fronte a outros tipos de empresas.
2º sesión.- Principios e valores do cooperativismo. Tipos de Cooperativas. As cooperativas de traballo asociado. Aspectos propios das cooperativas de traballo asociado.
3º sesión.- A organización nas sociedades cooperativas. O réxime económico e fiscal nas cooperativas. A viabilidade económica e societaria. Proceso de constitución.
4º sesión.- Experiencia cooperativa.

Dirixido a:

Persoas desempregadas e aquelas, que estando en activo, queiran traballar de forma cooperativa.
Grupo mínimo: 12 persoas.
Grupo máximo: 20 persoas.

DATA INICIO 23/02/2016 DATA FIN 26/02/2016 DURACIÓN 20 horas
HORARIO De 9.30 a 14.30 h
LUGAR CELEBRACIÓN: Entidade Adherida á Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Avda. Doutor Tourón, 46 – 36600 Vilagarcía de Arousa

Persoa de contacto Rosa Álvarez Bernárdez
teléfono 981 575 578
e-mail rosaab@ugacota.coop

Descargue o programa pulsando aquí

Inscrición: Preme aquí

Martes, 23 February, 2016 - 03:30 to Venres, 26 February, 2016 - 08:30

Compartir