2º Escola das Economías Transformadoras

O 16, 17 e 18 de setembro celebrarase a 2º Escola das Economías Transformadoras, que pretende achegar o coñecemento académico e o proporcionado polas experiencias prácticas como ferramentas de transformación social.

O xoves 16 e o venres 17 será de 17:00 a 21:00 horas e o sábado 18 de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Participarán ponentes con perfis académicos moi variados:

Científicos como Antonio Turiel, doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid e investigador do Institut de Ciències del Mar del CSIC ou Alicia Valero, doutora Inxeñeira Química, profesora na Universidade de Zaragoza e directora do grupo de investigación de Ecoloxía Industrial no Instituto CIRCE. Especialistas no estudo das limitacións físicas, ambos científicos sinalan ás dificultades ás que se enfronta o noso modelo de sociedade.

Pilar Alguacil, Catedrática de Dereito Financieiro e Tributario na Universidade de Valencia. Ademáis de Directora da Cátedra de Cooperativas Agroalimentarias de España. Ten asesorado ás organizacións representativas da Economía Social estatais na presentación de propostas de reforma do réxime fiscal de cooperativas e sociedades laboral. Falaranos de como a fiscalidade pode ser unha política de fomento da Economía Social e Solidaria.

Tamén coñecerase de primeira man en qué consiste o Mercado Social Galego ou cales son as diferentes propostas de moedas sociais.

O sábado falarese de decrecemento con Véspera de Nada e visitarase o Verxel de Coiro, unha horta agroecolóxica nesta parróquia do Concello de Cangas. Neste privilexiado espazo coñeceranse os resultados da tese de doutoramento de Kylyan Mac Bisquert i Pérez, titulada “A dimensión socioeducativa do movemento agroecolóxico en Galicia: a reconstrución da dieta como eixo de sustentabilidade social e ambiental“.

Inscríbete a través desta ligazón, e participación será presencial con aforo limitado, dando prioridade ás persoas que podan asistir ás tres xonadas.

Escola das Economías Transformadoras realizarase no Salón de Plenos (1º andar) do Concello de Cangas do Morrazo, excepto a sesión do venres tarde que se realizará no Verxel de Coiro, situada no lugar de Xistro-Novás (parroquia de Coiro), en Cangas do Morrazo.

Podes visualizar o programa completo premendo aquí.

Para máis información: www.mostradoposible.gal

 

Xoves, 16 September, 2021 - 17:00 to Sábado, 18 September, 2021 - 20:00

Compartir