A Confederación Empresarial de Ourense organiza a "FEIRA DO COOPERATIVISMO"

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a "FEIRA DO COOPERATIVISMO".

Esta feira terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o venres 20 de setembro de 2019.

Neste evento, as entidades de economía social e emprendedores que desexen participar terán a posibilidade de, a través dun posto, amosar os seus produtos e/ou servizos ao público asistente.

Así mesmo, durante a xornada, un representante de cada entidade expositora poderá presentar durante 30 minutos a súa entidade, proxecto, produto, servizo,... e contará con asesoramento especializado para axudarlles antes e durante o propio evento.

A participación esta aberta a todo tipo de entidades de economía social e proxectos emprendedores relacionados coa economía social.

Para inscribirse é preciso cubrir o formulario de inscrición e de candidatura que poderá atopar na seguinte ligazón:

http://bit.ly/feiradocooperativismoOURENSE

Tamén se poderá inscribir ou facer calquera consulta a través do 610 17 43 88.

  • A data límite de inscrición para participar como entidade expositora será o 09 de setembro de 2019.
  • Participación gratuíta.
  • Consulta o programa do evento premendo aquí.
  • Para descarga o cartel do evento preme aquí.

 

Luns, 22 July, 2019 - 11:00

Compartir