A 21º Salimat Abanca - Salón de Alimentación do Atlántico celébrase do 8 ao 9 de xuño en Silleda

  • 12 cooperativas de 4 subsectores amosarán eses días os seus produtos no Salón
  • A Rede Eusumo porá a disposición destas cooperativas o seu stand

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017.- Os expositores do Consello Galego de Cooperativas presentes en Salimat que estarán presentes no stand da Rede Eusumo pertencen os subsectores de produtos lácteos, derivados e apícolas; produtos vitivinícolas e outras bebidas; produtos cárnicos e produtos hortofrutícolas.

Máis polo miudo, as cooperativas participantes son:

  • Condado Paradanta, S. Coop. Galega, cooperativa agraria que comercializa dous produtos tradicionais e deliciosos da bisbarra, “Queixo de As Neves” e “Mel Condado- Paradanta”
  • Cooperativa Agraria Provincial, S. Coop. Galega (Bico De Xeado), que elabora unha variada carta de sabores de xeado que van desde os máis tradicionais a elaboracións máis especiais.
  • Cooperativa Caprina Galega, S. Coop. Galega; adicada á produción de leite de cabra e á súa transformación, con gran potencial no mercado debido ás propiedades alimenticias dos produtos derivados deste tipo de leite.
  • Mel Flor Do Xallas, S. Coop. Galega; produtores e vendedores de mel.
  • Productores Del Campo De Capela, S. Coop. Galega; dedicados á produción de leite de vaca, á cría de gando de carne e a dar servizo de asesoramento ás explotacións gandeiras.
  • Bodega Cooperativa Virgen De Las Viñas, S. Coop. Galega; viticultores da bisbarra de Valdeorras cuxo viños elabóranse baixo a D.O. Valdeorras.
  • Bodegas Eidosela, S. Coop. Galega; viticultores de Eidos e Sela cuxo viños elabóranse baixo a D.O. Rías Baixas.
  • Bodega Jesús Nazareno, S. Coop. Galega; viticultores do Barco de Valdeorras.
  • Cogal, S. Coop. Galega; produtores e distribuidores de coello e pato.
  • Monte Cabalar, S. Coop. Galega; cooperativa de explotación comunitaria de terra que culminou coa materialización do proxecto: a experiencia da explotación silvopastoral en réxime cooperativo da que se obtéñense produtos cárnicos de máxima calidade.
  • Vélaro, S. Coop. Galega (Pastores De Galicia); adicados á produción de cordeiro e cabrito baseada na alimentación con leite materno e cereais.
  • Terras Da Mariña, S. Coop. Galega, adicados a producción e distribución de fabas.

Os asistentes poderán disfrutar de degustacións destes productos o venres, o sabádo e o domingo. Para ver os horarios das degustacións prema aquí.

Coñeza máis polo miudo as cooperativas participantes premendo aquí.

 

Mércores, 31 Maio, 2017 - 19:15

Compartir