21, 22, 23 e 24 de maio: Workshops para os socios da Rede Eusumo

Tal e como se acordou no último encontro de socios da Rede Eusumo e en referencia as súas demandas, a Secretaría Xeral de Emprego organiza e convida a todas as entidades socias da Rede Eusumo a participar nos Workshops provinciais de traballo que terán lugar no presente mes de Maio  coa finalidade de fortalecer a rede e mellorar a coordinación e as accións entre as entidades asociativas, as entidades locais e outras organizacións colaboradoras da Rede Eusumo.

 

Os workshops terán as seguintes data, horarios e ubicacións:

 

  •  21 de maio de 16:00 a 18:00 h. OURENSE, Confederación de Empresarios de Ourense
  •  22 de maio de 16:00 a 18:00 h. PONTEVEDRA, Casa das Campás
  •  23 de maio de 16:00 a 18:00 h. SANTIAGO DE COMPOSTELA, Secretaría Xeral de Emprego
  •  24 de maio de 16:00 a 18:00 h. LUGO, Fundación CEL

 

Co fin de que a xornada sexa o máis produtiva posible, solicitamos confirmación de asistencia facilitando:

 

  1. Nome e apelidos
  2. Entidade socia da Rede Eusumo
  3. Teléfono de contacto
  4. Correo electrónico

 

Todas as dúbidas, suxestións ou mesmo recomendacións aportadas polos socios, coa idea de telas presentes a hora de mellorar a rede e poder utilizalas como tema de interese nos workshops, serán benvidas.

 

 

Luns, 21 Maio, 2018 - 16:00 to Xoves, 24 Maio, 2018 - 18:00

Compartir