23ª Edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, mediante a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social promove a participación das entidades de economía social no 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar” que se celerará entre o 9 e 13 de novembro de 2022 no recinto de Expourense (Ourense).

Xantar, cunha traxectoria de 22 anos, converteuse nunha feira internacional de referencia para os destinos enogastronómicos máis importantes, tanto de España como de Portugal, poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional.

As entidades participantes terán a posibilidade de dar a coñecer os seus produtos a través de sesións de degustación dirixidas a profesionais e público en xeral e creando ou consolidando relacións comerciais con clientes e colaboradores.

A participación no stand é libre de custos para o expositor, correndo só ao seu cargo o produto para súa exposición e degustación e o seu persoal de atención.

Para participar nesta feira, as entidades deben comunicar o seu interese enviando cuberta esta ficha ao enderezo electrónico economiasocial.emprego@xunta.es antes das 14.00 horas do día 24 de outubro de 2022. Non se terán en conta aquelas follas de participación que non cheguen directamente ao citado correo electrónico.

Podes descargar o dossier do evento para máis información.

Para calquera consulta: xantar.org / info@xantar.org / +0034 988 366 030

 
Mércores, 9 November, 2022 - 09:00 to Domingo, 13 November, 2022 - 21:00

Compartir