50 estudantes do Dr. López aprenden cooperativismo en Dairylac

  • A planta láctea de Dairylac (Melide) recibiu esta mañá ao alumnado do colexio do Saviñao, Dr. López Suárez, nun obradoiro sobre cooperativismo.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018.-Cincuenta e catro estudantes de quinto e sexto de primaria e primeiro da ESO do colexio Dr. López Suárez, situado no municipio lucense do Saviñao, visitaron esta mañá as instalacións de Dairylac (Melide), onde asistiron a un obradoiro de divulgación da economía social como opción de futuro profesional rendible e estable, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica, como se trata o leite para facelo apto para o consumo e como se producen os queixos. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

 

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede decolaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e aeconomía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Luns, 7 Maio, 2018 - 13:45

Compartir