Aberta a convocatoria das axudas da Política Agraria Común 2023 | PRAZO PECHADO

A Consellería do Medio Rural publicou as bases reguladoras das axudas da Política Agraria Común 2023 ás que se poden acoller as cooperativas agrarias e as sociedades agrarias de transfomación (SAT) da comunidade galega.
Na convocatoria deste 2023, o orzamento previsto elévase aos 217 millóns de euros, dos cales uns 170 millóns correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 47 millóns de euros coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema Integrado de Xestión e Control (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).
Esta axuda ten como obxectivo proporcionar unha compensación financeira aos agricultores e gandeiros polos custos adicionais e perdas de ingresos relacionados coa produción agrícola ou gandeira.
Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas apicultoras (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA) que cumpran as condicións de elixibilidade.
As novidades máis destacadas da convocatoria deste ano son as seguintes:
- O 25 % das axudas irán encamiñadas para un conxunto de prácticas beneficiosas para o medio ambiente
- Inclúese un pago retributivo complementario á axuda básica á renda para a sustentabilidade para as primeiras hectáreas de cada explotación
- Axudas específicas para os agricultores mozos e agricultoras mozas a través do pago complementario das axudas directas e os fondos destinados a impulsar a primeira instalación
- As mulleres que se instalen á fronte dunha explotación agraria percibirán un 15 % adicional
A solicitude única realizarase electronicamente a través da aplicación SGA. Tamén se poderá optar por realizar persoalmente a solicitude, para o cal é preciso dispoñer dun certificado dixital con vixencia, ou realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co FOGGA.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de maio de 2023.
Antes de presentar a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.
Tamén podes ler a nota de prensa da Xunta de Galicia.