Aberta a convocatoria das subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para as anualidades 2024 e 2025
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abre a convocatoria das subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para as anualidades 2024 e 2025.
Cal é a finalidade destas axudas?
A realización de actividades de promoción visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego por parte das entidades colaboradoras da Rede Eusumo.
Quen pode solicitar estas axudas?
- As asociacións de entidades de economía social
- Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais
- As cámaras de comercio
- As universidades
- As fundacións e asociacións e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais
Cales son as actividades subvencionables?
Actividades xerais de promoción de economía social:
- Actividades de divulgación
- Actividades de asesoramento
- Actividades de formación
Actividades relativas aos sectores específicos da economía social:
Son subvencionables as actividades de carácter divulgativo, de asesoramento e formativo que estean dirixidas a fomentar o emprendemento nos seguintes sectores específicos da economía social: economía dos coidados; agroalimentación, produtos locais e alimentación sostible; economía circular e xestión de residuos; enerxías renovables e transición enerxética; industrias culturais; novas tecnoloxías; intelixencia artificial; transporte e mobilidade.
- Actividades de divulgación
- Xeración de novo coñecemento en economía social
- Formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social
- Asesoramento e apoio a proxectos de economía social
- Difusión e visibilización da economía social
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 26 de febreiro de 2024.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.
Descarga o folleto