Aberta a convocatoria do 2022 das axudas á apicultura | 1 de agosto - 31 de decembro | PRAZO PECHADO

A Consellería do Medio Rural publicou as bases reguladoras de axudas á apicultura do Programa nacional apícola 2020 - 2022 ás que se poden acoller as cooperativas apícolas de Galicia co obxectivo de mellorar a produción e a comercialización dos seus produtos.

O orzamento destas axudas, para o período comprendido entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2022, será de 80 000 euros para a nosa comunidade autónoma, dos cales a participación financeira corresponde ata un 50 % ao Feaga da UE, ata un 25 % corresponde ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e o 25 % restante corresponde á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Poderán ser beneficiarias desta axuda:

  1. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida.

  2. Cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores, con personalidade xurídica propia.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta.

  1. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as entidades apícolas e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

  2. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar, opcionalmente, a solicitude de forma presencial.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de maio de 2023.

Antes de presentar a solicitude, consulta a orde completa.

Para máis información, visita a sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Xoves, 6 April, 2023 - 00:00 to Venres, 5 Maio, 2023 - 23:45

Compartir