Aberta a convocatoria do 2023 das axudas á apicultura | 1 de xaneiro - 31 de xullo

A Consellería do Medio Rural publicou as bases reguladoras de axudas á apicultura, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de xullo de 2023, ás que se poden acoller as cooperativas apícolas de Galicia co obxectivo de mellorar as condicións xerais de produción e comercialización dos seus produtos apícolas. Estas bases reguladoras están enmarcadas no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027.

Poderán ser beneficiarias desta axuda:

  1. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida.

  2. Cooperativas apícolas e as agrupacións de apicultores/as, na medida en que os seus socios ou asociados beneficiarios das axudas cumpran cos requisitos establecidos na orde.

Para seren beneficiarias, a solicitude de axuda deberá incluír, como mínimo, 1500 colmeas.

Ademais, só se poderá solicitar esta axuda para a execución dunha acción determinada sobre unha mesma colmea, unha única vez por campaña apícola, independentemente de se a persoa solicita esa axuda a título individual ou como integrante dunha cooperativa ou agrupación de produtores.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta.

  1. presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as agrupacións apícolas e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

  2. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar, opcionalmente, a solicitude de forma presencial.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 9 de xuño de 2023.

Antes de presentar a solicitude, consulta a orde completa.

Para máis información, visita a sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Martes, 9 Maio, 2023 - 08:00 to 09:00

Compartir