Axudas ás empresas de inserción e as súas entidades promotoras
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abre a convocatoria do 2023 para solicitar as axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras cunha dotación inicial de 1 240 000 euros.
O obxectivo é promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo en Galicia a través de 2 programas de axudas:
-
PROGRAMA I: axudas destinadas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social, cun crédito inicial de 1 100 000 euros.
-
PROGRAMA II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social, cun crédito inicial de 140 000 euros.
Poderán ser entidades beneficiarias:
-
As entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción de Galicia.
-
Aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como empresa de inserción.
As entidades interesadas en solicitar dita axuda deben cumprir os seguintes requisitos:
-
Características que deben cumprir os contratos de traballo entre as persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social e as empresas de inserción:
- Deberán formalizarse por escrito.
- A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 3 anos.
- A xornada de traballo non poderá ser inferior ao 50% da establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legalmente establecida.
- A persoa seleccionada, a empresa de inserción e os servizos sociais deberán subscribir o convenio de inserción.
-
Non poderán ser contratadas as persoas traballadoras que nos 2 anos imediatamente anteriores prestasen servizos, na mesma ou en distinta empresa de inserción, mediante un ou varios contratos de traballo, incluído o contrato temporal de fomento do emprego.
-
A empresa de inserción estará obrigada a facer un seguimento das persoas traballadoras en proceso de inserción mediante itinerarios individualizados de formación e ocupación.
As solicitudes presentaranse por separado para cada un dos programas, obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, entre o 7 de febreiro e o 30 de setembro do 2023.
Antes de presentar a solicitude, consulta as bases reguladoras publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Tamén podes consultar o folleto da axuda premendo aquí.