Premios á Cooperación 2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade celebra os Premios á Cooperación 2023.
Esta iniciativa do goberno galego ten como obxectivo fomentar e difundir o cooperativismo, así como os seus principios e valores. Desta forma, recompénsase públicamente o labor que realizan as cooperativas a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.
Os premios concedidos distinguen as seguintes categorías:
Premio aos valores cooperativos: para a cooperativa galega que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos.
- Entidade premiada: Alén, Sociedad Cooperativa Gallega
Premio ao mellor proxecto cooperativo novo: para a cooperativa galega que teña unha antigüidade igual ou menor a 42 meses e que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
- Entidade premiada: Enraizando, Sociedad Cooperativa Gallega
Premio á traxectoria cooperativa: para a cooperativa galega que teña unha antigüidade maior de 42 meses, e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
- Entidade premiada: Ferrolana de Profesores de Autoescuela, Sociedad Cooperativa Gallega
Consulta a resolución dos premios no DOG premendo aquí.
Para consultar a orde das bases reguladoras, preme aquí.
Descarga o cartel dos premios aquí.