Aberto o prazo para presentar as candidaturas para os Premios da Economía Social Europea

A organización Social Economy Europe (SEE) celebra a segunda edición dos Premios da Economía Social Europea, na que as entidades da economía social galega poden presentar a súa candidatura a través do formulario habilitado antes do 31 de agosto.
De entre todas as candidaturas, un xurado equilibrado formado por expertos en economía social, investigadores e representantes das institucións da UE seleccionará tres finalistas para cada categoría: innovación social, competencias, transición verde e dixitalización.
A gala na que se fará entrega dos premios levarase a cabo o 14 de novembro de 2023 en San Sebastián, España.
Esta iniciativa da SEE busca servir de inspiración a outros axentes da economía social e a cidadáns/ás que aspiran a converterse en persoas emprendedoras, activistas e axentes do cambio. Así mesmo, pretenden aumentar a visibilidade da economía social, co fin de seguir poñendo na axenda pública as súas necesidades e potencial.
Consulta o folleto informativo: https://www.socialeconomy.eu.org/wp-content/uploads/2023/07/Premios-Economia-Social-2023_ESPANOL.pdf
Atoparás máis información en: www.socialeconomy.eu.org