Abre a matrícula do obradoiro AGACA sobre igualdade de oportunidades e xestión cooperativa en Verín

AGACA (Asociación  Galega de Cooperativas Agroalimentarias) imparte o obradoiro “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa” co fin de dar visibilidade e reforzo ás súas aptitudes ante os requirimentos derivados da participación efectiva no mundo profesional. 

O curso, que comezará o 22 de setembro na Casa da Cultura de Verín, contempla 21 horas lectivas dividas en 7 sesións impartidas por docentes de AGACA. Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse de modo gratuíto chamando ao 981 58 47 83 antes do 21 de setembro.

Trataranse diversos aspectos relacionados coa administración empresarial como poden ser planificación estratéxica, análise DAFO, desenvolvemento, seguimento e control de obxectivos, contas de resultados, lexislación ou habilidades directivas.

Doutra banda, tratarase de detectar e analizar que barreiras atopan as socias de entidades cooperativas á hora de adquirir roles máis activos e modos de eliminalas.

Compromiso coa igualdade

O curso “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa” chega a Verín precedido pola boa acollida recibida por iniciativas similares desenvolvidas en diferentes cooperativas.

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida en 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Programa obradoiro

Lugar:

Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín
Parque empresarial de Pazos
32619 Verín (Ourense)

Datas e horario:

22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas.

Xoves, 22 September, 2016 - 05:00 to Venres, 30 September, 2016 - 08:00

Compartir