Abre novas portas ao teu emprego grazas á nova convocatoria de cursos promovida pola Xunta

Se tes menos de 30 anos e estás en situación de desemprego, podes incrementar as túas posibilidades de atopar traballo grazas aos cursos de formación para mozas e mozos desempregados impulsados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Sistema de Garantía Xuvenil.

Este programa pon a túa disposición:

  • Unha completa e variada oferta formativa, de calidade e gratuíta
  • Oeiwntada a actividades profesionais que están a xerar emprego con prácticas en empresas que che permitirán entrar en contacto co ámbito laboral
  • E coa obtención dun certificado de profesionalidade oficial que mellorará a túa cualificación e, polo tanto a túa empregabilidade

Se queres consultar a programación completa preme aquí.

Luns, 11 December, 2017 - 16:45

Compartir