Accións conectadas

A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

ACCIÓNS CONECTADAS: Promoción, fomento e difusión da economía social
 

Datas: do 9 de setembro ao 7 de outubro

Horario:

- O 9 de setembro de 17:00 a 19:00 horas
- O 16,23,30 de setembro e o 7 de outubro de 16:00 a 20:00 horas

Modalidade: presencial nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Duraciónn: 18 horas (5 sesións)

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e economía social.

Obxectivo: Proporcionar un achegamento á economía social e formar aos promotores para o desenvolvemento ou mellora das súas competencias neste campo.

Planificación temporal:

  • Xornada de difusión
  • Obradoiros formativos
  • Casos de éxito de cooperativas e empresas
  • Servizo de asesoramento individualizado

Programa formativo:

  1. Xornada de difusión: Tendencias e oportunidades de negocio no cooperativismo 2021
  2. Obradoiro: O marketing dixital na economía social
  3. Obradoiro: Xestión comercial e ventas
  4. Obradoiro: Iniciación á xestión económico-financeira no cooperativismo e nas entidades de economía social
  5. Obradoiro: Cooperativismo e comunicación efectiva

Para máis información: 982 284 150 / formacion@fundacioncel.org

Podes visualizar o programa premendo aquí.

 

Xoves, 9 September, 2021 - 17:00 to Xoves, 7 October, 2021 - 20:00

Compartir