ACHEGÁNDONOS AO CONFLITO. HABILIDADES SOCIAIS PARA A XESTIÓN DO CONFLITO

DATA INICIO 31/05/16 DATA FIN 03/06/16 DURACIÓN 20 horas
HORARIO 9:30-14:30 horas
LUGAR CELEBRACIÓN Entidade da Rede Eusumo – Universidade de A Coruña – Centro Universitario de Riazor R/ Almirante Lángara, s/n – 15011 A Coruña

Persoa de contacto Patane García Méndez
teléfono 881 887 456
e-mail patane@ugacota.coop

OBXECTIVOS

  • Comprender que o conflito é algo natural que está presente na nosa vida.
  • Coñecer as diferentes fontes das que xurde o conflito.
  • Coñecer e experimentar os diferentes estilos de afrontamento do conflito.
  • Achegarnos a xeitos construtivos de xestionar as situacións de conflito.

PROGRAMA

Módulo 1.- O conflito está no aire
Módulo 2.- As fontes do conflito
Módulo 3.- Estilos de resolución de conflitos
Módulo 4.- Pautas para a xestión das situacións conflitivas

CONTIDOS
1º sesión.- Presentación de Ugacota e da Rede Eusumo. Que é o conflito? Emocións e conflito. Aspectos positivos do conflito. Consecuencias do non afrontamento do conflito.
2º sesión.- De onde xurde o conflito? Como afrontar a situación de conflito dependendo da orixe deste? Habilidades de comunicación.
3º sesión.-. Estilos de resolución de conflito. Estratexias gañar-perder. Estratexias gañar-gañar. A busca creativa de solucións aos conflitos.
4º sesión.- A actitude cara a resolución do conflito. As competencias que debemos desenvolver. As preguntas as que debemos dar resposta para avanzar na solución do conflito.

METODOLOXÍA
Activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de reflexión e debate.
Trataremos de experimentar, dende a accións, sobre os contidos tratados nas sesións.
A acción formativa configúrase en 4 sesións de 5 horas de duración cada unha.

EQUIPO DOCENTE
Formado por persoal técnico con contrastada experiencia en asesoramento cooperativo e docencia
 

DIRIXIDO A
Persoas interesadas en coñecer e experimentar nos procesos de conflito.

PROGRAMAINSCRICIÓN A CORUÑA

Luns, 30 Maio, 2016 - 19:15 to Xoves, 2 June, 2016 - 19:15

Compartir