LOADING

Actualidade

Feiraco e Política Lingüística premian os mellores relatos das Letras Galegas

Feiraco e Política Lingüística entregáronlles hoxe os galardóns aos gañadores do seu xa tradicional certame literario, que se celebra cada ano con motivo do Día das Letras Galegas, nun acto que se celebrou na sede da cooperativa agrogandeira e no que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, gabou “o éxito acadado nesta edición, que viu aumentado considerablemente o número de participantes, por esta iniciativa lingüística e cultural vida do ámbito empresarial” e animou as gañadoras e o gañador a seguir escribindo na lingua propia de Galicia.

Galician

Últimos días de recepción de candidaturas para o Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2017

O Espazo de Emprendemento Pont-Up Store terá lugar en Pontevedra os días 21,22 e 23 de setembro. Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas.

Galician

A Xunta premia no día do cooperativismo a Terras da Mariña de Lourenzá, Dálle que Dálle de Vilagarcía e CEM de Culleredo

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participa en Lourenzá na conmemoración desta xornada na que se entregaron os galardóns á cooperación 2017 e aos mellores proxectos empresariais cooperativos dos centros de FP

Toca recoñece o labor das compañías premiadas no eido do emprendemento innovador, un ámbito que está a impulsar a Xunta para mellorar a competitividade do tecido empresarial galego

Galician

O venres 23 de xuño entregáronse os últimos premios do certame "Cooperativismo no ensino" no CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, entregou os cinco últimos premios do certame "Cooperativismo no ensino" aos alumnos do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros. Os premios entregados foron:
  • Accesit na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de educación infantil polo seu traballo Encaixamos
  • O primeiro premio na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria polo seu traballo Cooperativa.
Galician

Páxinas