LOADING

Actualidade

Obradoiro sobre economía social en Terra de Trasancos

O Centro da Rede Eusumo Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a 40 estudantes do Colexio María Auxiliadora, da cidade de Lugo. 
Participaron nunha charla formativa e percorreron as instalacións de Terra de Trasancos, entidade que opera en varios sectores económicos no modelo da economía social. 
As actividades son parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
 
Galician

Celébrase a II Edición FP Innova Galicia 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca unha nova edición do FP Innova Galicia 2018, un Congreso de Innovación na Formación Profesional. Un espazo no que conflúen innovación e emprendemento, formación e empresa, e que permite achegarnos a todas as posibilidades que ofrece a formación profesional.

O congreso contará cunha zona expositiva de 4.100 m2 no Museo Centro Gaiás, na que os participantes poderán coñecer:

Galician

Os estudantes do CEIP Manuel Mato Vizoso achéganse ao cooperativismo con AGACA e Casa Grande de Xanceda

O Obradoiro "Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito” segue en marcha dando a coñecer o mundo do cooperativismo aos máis novos. Nesta ocasión, corenta estudantes do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba participaron a mañá do 9 de abril de 2018 tiveron a oportunidade de visitar a SAT Casa Grande de Xanceda.

Galician

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición do Programa Responsabilízate

O Programa Responsabilízate, promovido pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, naceu cunha folosofía de colaboración empresa - administración, que busca promover a autonomía da peme en materia de RSE. 

O programa desenvólvese co acompañamento dunha persoa experta cuxa misión é inspirar, motivar, formar e acompañar á peme na execución do programa de mellora e implantación da RSE.

O programa consta de dúas fases, unha de "Diagnose da RSE e formación" e outra de "Plan de acción e implantación".

Galician

Páxinas