LOADING

Novas

A Xunta premia no día do cooperativismo a Terras da Mariña de Lourenzá, Dálle que Dálle de Vilagarcía e CEM de Culleredo

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participa en Lourenzá na conmemoración desta xornada na que se entregaron os galardóns á cooperación 2017 e aos mellores proxectos empresariais cooperativos dos centros de FP

Toca recoñece o labor das compañías premiadas no eido do emprendemento innovador, un ámbito que está a impulsar a Xunta para mellorar a competitividade do tecido empresarial galego

O venres 23 de xuño entregáronse os últimos premios do certame "Cooperativismo no ensino" no CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, entregou os cinco últimos premios do certame "Cooperativismo no ensino" aos alumnos do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros. Os premios entregados foron:
  • Accesit na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de educación infantil polo seu traballo Encaixamos
  • O primeiro premio na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria polo seu traballo Cooperativa.

O sábado 1 de xullo únete ao Día do Cooperativismo!

O sábado 1 de xullo celebrarase o Día do Cooperativismo na sede da cooperativa Terras da Mariña, en Lourenzá (Lugo). 

Se queres participar neste importante día, preme aquí e inscríbite no formulario. É importante que indiques o número de persoas que asistiredes e a cooperativa ou entidade á que pertences.
Se estás interesado/a en facer uso dun dos autobuses que sairán dende distintos puntos de Galicia para asistir a esta celebración, debes indicalo no campo de "Mensaxe" e poñerémonos en contacto contigo.

 

A xornada de Rede Eusumo sobre rendibilidade forestal reuniu a 40 persoas en Beariz

AGACA organizou o sábado, 17 de xuño, a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, en Beariz, no marco da Rede Eusumo para o fomento da economía social, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Expertos en rendibilidade, xestión e innovación no eido forestal explicaro como identificar e potenciar os recursos destes terreos. 

Páginas