LOADING

Novas

Estudantes de Teixeiro aprenden cooperativismo con AGACA e Rede Eusumo

 

  • Unha vintena de estudantes de primaria do CEIP de Teixeiro visitou esta mañá Casa Grande de Xanceda para aprender sobre economía social e cooperativismo.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017.- A SAT Casa Grande de Xanceda acolleu esta mañá ao alumnado de último ciclo de primaria do CEIP de Teixeiro (Curtis).

Iván Antón Prieto, de Ozono Multimedia: “As sociedades laborais quizais non son o modelo máis atractivo para os investidores, pero si para os traballadores e os socios”

O seu traballo está detrás do programa do tempo da Televisión de Galicia, que milleiros de persoas ven todos os días, ou das indicacións que os usuarios do transporte urbano de A Coruña reciben para que saiban en que parada deben baixar. A súa actividade non é tan visible como noutras profesións, pero os seus resultados pódense apreciar en distintos ámbitos do noso día a día e de múltiples sectores. Medran pouco a pouco para garantir unha maior estabilidade e nunca pediron un crédito bancario para o desenvolvemento da súa actividade.

Obradoiro por qué non traballamos en equipo?

DATA INICIO 21/03/17

DATA FIN 24/03/17

HORARIO IMPARTICIÓN 9:30 – 14:30 HS

LUGAR DE IMPARTICIÓN Centro da Rede Eusumo Dalle que Dalle, S. Coop.
R/ Méndez Núñez, 2 – 2º, Vilargarcía de Arousa

PROGRAMA DA ACCIÓN FORMATIVA
- MÓDULO 1.- ACHEGÁNDONOS AO XEITO DE TRABALLAR NA COOPERATIVA.
- MÓDULO 2.- DESENVOLVENDO HABILIDADES PARA O TRABALLO GRUPAL.

Páginas