LOADING

Novas

Obradoiro de formación cooperativa para persoas que queren emprender

DATA INICIO 28/03/17

DATA FIN 31/03/17

HORARIO IMPARTICIÓN 9:30 – 14:30HS

LUGAR DE IMPARTICIÓN:  CENTRO DA REDE EUSUMO NO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS.
CDL O TORRON – ENTENZA , SALCEDA DE CASELAS 

PROGRAMA DA ACCIÓN FORMATIVA
Módulo 1.- O emprendemento.
Módulo 2.- O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.
Módulo 3.- Organización e financiamento.
Módulo 4.- EXPERIENCIA COOPERATIVA.

O Consello Galego de Cooperativas, estará presente no Fórum Gastronómico 2017 que terá lugar en Expocoruña

A Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Secretaría Xeral de Emprego e o Consello Galego de Cooperativas, estará presente no Fórum Gastronómico 2017 que terá lugar en Expocoruña, entre os días 12 e 14 de marzo.

Esta participación desenvolverase a través dun posto propio onde se informará sobre todos os aspectos do cooperativismo, as súas potencialidades e as solucións que ofrece como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego.

COMUNICACION ACTIVIDADES DA REDE EUSUMO A DESENVOLVER POR AGACA en MARZO 2017

Comunicamos o desenvolvemento das seguintes actividades formativas/divulgativas no marco da REDE EUSUMO para este mes de MARZO:
 
Actividade:
DIVULGACIÓN DO EMPRENDEMENTO E DE EXPERIENCIAS COOPERATIVAS COMO MODELO DE ÉXITO NOS INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA - IES DE GALICIA

Centro: COLEGIO PLURILINGUE SAN JOSE de Lugo
Datas: 9 de marzo 2017
Horario: 9:00 a 14:00
Lugar visita: Centro da Rede Esumo FUNDACION TERRA DE TRASANCOS - COOPERATIVA O VAL. Vilacornelle, s/n. Estrada C116 - Km 5,5 - O Val

Páginas