LOADING

Novas

Arturo Montaos, socio traballador e cofundador de Nova Aseconia: “O modelo cooperativo é ideal para a creación e crecemento de empresas construtoras”

En 2011, Nova Aseconia naceu da iniciativa e esforzo de tres traballadores do sector da construción e, en menos de sete anos, xa conta con 8 socios traballadores e 14 traballadores en total, con intención de aumentar o equipo en breve para integrar novos perfís profesionais relacionados coa súa actividade. Arturo Montaos explícanos como xurdiu este proxecto e detalla as súas principais particularidades, identificando as vantaxes de abrir este ámbito ao mundo cooperativo.

 

Un dos aspectos máis peculiares da cooperativa. Cal é a orixe de Nova Aseconia?

Celso Gándara, presidente de Espazocoop: "A fusión entre empresas de economía social de Galicia é o gran reto para a súa sustentabilidade e consolidación”

A economía social é un modelo no que priman as persoas sobre o capital e no que a cooperación é un elemento indispensable da súa identidade. Con estas premisas, o sector en Galicia está vivindo procesos de integración que non só se producen entre cooperativas dun determinado eido de actividade, senón que tamén se dá entre entidades representativas como Ucetag, Ugacota e Sinerxia, que veñen de acordar a súa fusión nunha nova unión, que se denomina Espazocoop. Falamos co seu presidente, Celso Gándara, para coñecer os detalles e obxectivos desta nova etapa.

Continúa aberto, ata esgotar prazas, o proceso de recepción de solicitudes para o programa “Responsabilízate”

-A iniciativa tamén está destinada a entidades da economía social, sempre que sexan pemes ou persoas autónomas con traballadores ao seu cargo

-DOG publica hoxe a resolución pola que se modifican as bases reguladoras para a selección de empresas

-As solicitudes serán atendidas por estrita orde de entrada no Rexistro da Secretaría Xeral de Emprego, de forma telemática ou presencial

Nova Cooperativa de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto

Con data 31 de Outubro as asembleas xerais de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, ratificaron por ampla maioría (97,6%, 97% e 96,03%; dos votos respectivamente) o acordo alcanzado polos seus respectivos consellos reitores, polo que inician un proceso de integración das súas actividades e negocios nunha cooperativa de segundo grao, cuxa denominación se fará pública nunha data próxima.

Páginas