LOADING

Novas

Subvencións 2017 para o fomento do cooperativismo e a economía social

Segundo a Orde do 26 de xaneiro de 2017 na que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, para o ano 2017 (DOG núm. 32, do 15 de febreiro de 2017).

A dotación desta convocatoria ascende a 1.054.000,00 €, distribuídos en tres programas

Galician

PREMIOS A COOPERACIÓN 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa finalidade de fomentar e difundir o cooperativismo na Comunidade Autónoma, así como para recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando neste sentido, considerou adecuado instituír con periodicidade anual os premios á cooperación.

Galician

O Vicepresidente do Parlamento Europeo Ramón Luís Valcárcel defende a economía social

O Vicepresidente do Parlamento Europeo nunha reunión mantida o 11 de xaneiro  con Juan Antonio Pedreño,  Presidente de Social Economy Europe, trasladou “o papel crave que desempeña a economía social á hora de ofrecer respostas aos desafíos actuais”, reiterando a importancia de que as institucións prioricen a posta en marcha dun plan de acción que impulse este tipo de economía a nivel Europeo.

Galician

Carmen López, responsable do viveiro de empresas do CIFP Someso de A Coruña: "A fórmula cooperativa é idónea para os alumnos de ciclos formativos que queren emprender”

O cooperativismo está formado por proxectos empresariais que procuran unha mellora na sociedade, pero que leva aos seus promotores a optar por esta vía e non outra? A Rede Eusumo entrevista a Carmen López, unha profesora de ciclos de Formación Profesional que desde hai anos fomenta entre os seus alumnos a posta en marcha de empresas de economía social, como o proxecto Cuvegal, gañador do premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo de 2016 en Galicia.

Galician

Páxinas