LOADING

Xornadas

Xornadas de Cooperativismo e Autoemprego organizadas pola Mancomunidade de Ordes

Xornadas enmarcadas dentro das actuacións de difusión do cooperativismo realizadas pola Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e dos concellos de Cerceda, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo e Tordoia.

Están destinadas a persoas desempregadas, institucións públicas ou privadas e calquera persoa que teña interese en coñecer a fórmula de emprendemento cooperativo.

SER LABORAL, SER MERCANTIL - Vigo

Xornada formativa. Dirixida a sociedades laoborais e a empresas mercantís que son propiedade das persoas que traballan nelas.

Contido:

  • Adaptación de estatutos de sociedades laborais á Lei 44/2015.
  • Transformaciónde empresas mercantís en laborais
  • Intercambios comerciais

Data de inicio, finalización e horario:

27 de setembro, de 16.00 a 19.45.

Lugar:

Cámara de Comercio de Vigo
República Argentina 18 A
36201 Vigo

SER LABORAL, SER MERCANTIL - Coruña

Xornada formativa. Dirixida a sociedades laoborais e a empresas mercantís que son propiedade das persoas que traballan nelas.

Contido:

  • Adaptación de estatutos de sociedades laborais á Lei 44/2015.
  • Transformaciónde empresas mercantís en laborais
  • Intercambios comerciais

Data de inicio, finalización e horario:

22 de setembro, de 16.00 a 19.45.

Lugar:

Confederación de empresarios de A Coruña
Praza Luis Seoane. Torre I Entreplanta
15006 A Coruña

Xornada sobre RSE nas entidades de economía social

Conceptos como a xustiza, equidade, integración social, dereitos humanos... que se incorporaron ao mundo empresarial a través da responsabilidade social como modelo de xestión empresarial, coinciden plenamente cos principios fundamentais das entidades de economía social que apostan pola persoa por encima do capital social, a repartición de beneficios con criterios colectivos, a organización democrática das estruturas de goberno e a solidariedade coa contorna.

Xornada Cooperamos II

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol (concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño) organizan a Xornada Cooperamos II, para o día 30 de setembro,

É una Xornada e Encontro para o intercambio e visibilización de boas prácticas cooperativas. Esta Xornada vai acompañada do curso online Cultura Financeira que abre coa apertura para a inscrición.

Trátase dunha actividade destinada a:

As Cooperativas unha saída laboral no eido dos Servizos Sociais

Na Mancomunidade Terra de Celamova terá lugar a actividade “As Cooperativas unha saída laboral no eido dos Servizos Sociais”.

A xornada está prevista para o día 15 de setembro cun horario de 9.00 ás 13.00 horas no salón de actos da Mancomunidade Terra de Celanova.  O encargado da xornada será Daniel Diéguez, da empresa Apoio S. Coop.

Mancomunidade Terra de Celanova

Páginas