LOADING

Xornadas

As Cooperativas unha saída laboral no eido dos Servizos Sociais

Na Mancomunidade Terra de Celamova terá lugar a actividade “As Cooperativas unha saída laboral no eido dos Servizos Sociais”.

A xornada está prevista para o día 15 de setembro cun horario de 9.00 ás 13.00 horas no salón de actos da Mancomunidade Terra de Celanova.  O encargado da xornada será Daniel Diéguez, da empresa Apoio S. Coop.

Mancomunidade Terra de Celanova

Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o uso cooperativo do Monte Comunal

Nesta Xornada, os expertos explicarán aos presentes como activar posibles recursos dispoñibles dos MVMC. Para iso, os MVMC poden usar para o beneficio dos veciños interesados ferramentas organizativas complementarias de tipo organizativo, como as cooperativas agrarias e/ou de explotación comunitaria da terra. Tradicionalmente, a explotación forestal e o aproveitamento eólico son xestionados directamente polos MVMC. Pero, outro tipo de explotación de recursos nos que se require investimento, man de obra, organización e planificación... apenas son xestionados directamente polos propios MVMC.

Obradoiro: “Pon en marcha o teu Plan de Empresa Cooperativo”. Do 12 al 15 de setembro no Aula Cemit – Concello de Sada

Programa de actuación 2016 da REDE ESUMO

Obxectivo: Dar a coñecer e desarrollar os puntos máis importantes a hora de realizar un plan de empresa

A Oficina de Fomento Cooperativo, en colaboración coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada celebran este obradoiro dirixido a persoas desempregadas, emprendedoras, institucions públicas e privadas, e calquera persoa interesada en xeral.

Data e hora: Do 12 o 15 de setembro de 2016, de 9:30 h a 13:30 h

Obradoiro para o empoderamento da muller como cooperativista

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias presenta as seguintes actividades formativas/divulgativas no marco da REDE EUSUMO para os meses:

OBRADOIRO PARA O EMPODERAMENTO DA MULLER COMO PERSOA SOCIA DA COOPERATIVA

LUGAR: Cooperativa ADEGA CONDES ALBAREI.Coop.Galega. Lg. A Bouza 1 – Castrelo, Cambados (Pontevedra)

DATAS: 29 de xullo,1,5, 8, 12, 16 e 19 de Agosto 2016

HORARIO: de 9:30 h ás 12:30 h

Páginas