AGACA e Rede Eusumo imparten en Palas de Rei un Obradoiro de sensibilización en igualdade de xénero

O mércores comeza no Centro de Día de Palas de Rei un obradoiro de dous días para promover a igualdade de xénero nas cooperativas. 
 
O obxectivo é mostrar os beneficios da consecución da igualdade de xénero e contribuír ao empoderamento das persoas socias.
 
Os días 27 e 28 desenvolverase un obradoiro do “Plan de sensibilización en igualdade de xénero” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) dentro da Rede Eusumo para a promoción da economía social  e o emprendemento. Terá lugar nas instalacións do Centro de Día de Palas de Rei.

Durante a primeira xornada  definirase a igualde de xénero e en que medida afecta á actividade cotiá das entidades, contribuíndo a tomar conciencia de como un entorno igualitario implica beneficios para que logren os seus obxectivos sociais e de negocio.

O xoves estará dedicado ao empoderamento, afondando en xeitos de identificar e potenciar as propias capacidades de liderado, así como a determinar que particularidades definen a un líder estudando líderes mundiais como exemplo.   

Rede Eusumo

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
 

Lugar: Centro de día, rúa do Muíño s/n, Palas de Rei

Datas e horarios: Mércores, 27 de setembro e xoves, 28 de setembro, ambos días de 16:00 a 21:00 horas. 

 

Mércores, 27 September, 2017 - 11:00

Compartir