AGACA mostrará en Beariz como crear riqueza e emprego cos montes comunais

  • O 17 de xuño AGACA organiza a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, en Beariz.
  • Expertos en rendibilidade, xestión e innovación no eido forestal explicarán como identificar e potenciar os recursos dos montes en man común para os veciños.
  • Calquera persoa interesada na xestión de montes comunais que queira asistir pode inscribirse gratuitamente chamando ao 981 58 47 83.

A actividade, orientada a persoal especializado na xestión de montes veciñais en mano común (MVMC), contará con 6 relatorios sobre aspectos administrativos así como identificación de potenciais recursos explotables e exemplos concretos de aproveitamento con éxito dos terreos forestais en man común.

En canto a xestión forestal, Calixto Escariz, asesor de comunidades de montes, explicará posibilidades de investimento para Comunidades de MVMC acordes á Lei de Montes. Por outra banda,  Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, tratará a xestión cooperativa dos recursos ociosos dos MVMC.

En canto a innovación, Manuel Eirín, director xerente da empresa Gaélica Solar, afondará en xeitos de lograr a eficiencia enerxética e na identificación de iniciativas innovadoras no medio rural. Exporase tamén o novo proxecto “O Dourado Verde” cofinanciado con fondos FEADER, que investiga as posibilidades de resinación de coníferas mediante electroestimulación.

Casos de éxito

A Xornada mostra dous exemplos de uso redible dos montes veciñais: Enrique Fandiño, enxeñeiro técnico na empresa Hifas da Terra, especializada en cogomelo e fungo, explicará procedementos de cultivo de árbores micorrizadas; Diego Romero, pola súa banda, contará a experiencia da cooperativa de recente creación Tres Fuciños no eido da comercialización de porco celta..

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Lugar: CEIP de Beariz, Avda. Carrero Blanco s/n – Beariz (Ourense)

Data e hora: sábado, 17 de xuño. De 9:30 a 14:45 horas.  

Teléfono inscricións: 981 58 47 83

 

Viernes, 9 Xuño, 2017 - 14:45