Alumnos do colexio compostelán Ramón Cabanillas visitan Dairylac para aprender cooperativismo

  • O alumnado de sexto de primaria do colexio compostelán Ramón Cabanillas viaxou ata Melide para aprender sobre cooperativismo en Dairylac.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018.- A planta láctea de Dairylac, en Melide, recibiu esta mañá a 40 estudantes de sexto de primaria do colexio Ramón Cabanillas, de Santiago de Compostela, que participaron nun obradoiro de divulgación da economía social e o cooperativismo, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios, así como a súa capacidade para manterse como opción de emprego estable e rendible.

 

Ademais, o alumnado percorreu as instalacións de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, para ver a loxística da fábrica, como se trata o leite para facelo apto para o consumo e como se producen os diferentes tipos queixo, que puideron probar.

 

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Martes, 8 Maio, 2018 - 17:00

Compartir