Asociacionismo e cooperativismo

O Concello da Veiga organiza o curso formativo "Asociacionismo e cooperativismo" no marco da Rede Eusumo.
Esta actividade ten como obxectivo promocionar e impulsar o cooperativismo na Veiga. Levarase a cabo os días 26, 27, 28 e 30 de outubro en modalidade presencial na Aula Centro de Desenvolvemento Rural (A Veiga, Ourense). O horario será de 16:00 h a 21:00 h.
A planificación dos módulos será a seguinte:
1. Principios cooperativos na cooperativa. Constitución e funcionamento - 4h
2. Vantaxes do cooperativismo - 3h
3. Axudas e actividades de investimentos de cooperación - 5h
4. Análises de mercado, posicionamentos e extratexías de ventas - 4h
5. Análises de riscos no cooperativismo - 4h
As inscricións estarán abertas ata o 25 de outubro e poderán facerse a través de centropicolaprada@gmail.com ou 603 71 96 73.
Descarga o cartel