Axuda IGAPE IG204 - Apoio financeiro ás pemes - Bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 euros (2015)

Finalidade / Obxectivo

Bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Beneficiarios potenciais

Autónomos, microempresas ou pequenas ou medianas empresas (Pemes) calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas.

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das Liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira sempre que estean avalados por unha SGR ou polo Igape.

En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2015 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000 euros, a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos a financiar, establecidas nestas bases.

Requisitos principais do proxecto

Con independencia do importe do préstamo formalizado, o importe máximo bonificable, para as operacións sen aval ou con aval dunha sociedade de garantía recíproca, será de 100.000 euros para o tipo de xuro e 500.000 euros para a comisión de aval.

A porcentaxe de financiamento poderá alcanzar o 100% do proxecto, non obstante a bonificación do Igape calcularase para o 75% do importe do préstamo.

Os tipos de xuro máximos, segundo o prazo e modalidade escollida, serán os publicados quincenalmente polo ICO na súa páxina web www.ico.es

Nas operacións sen aval de SGR, a entidade de crédito non aplicará ningunha comisión ao cliente pola concesión do financiamento. No caso de contar con aval financeiro do 100%, a SGR poderá aplicar unha comisión de estudo máxima do 0,50% do importe total da operación.

As SGR ou o Igape, poderán cobrar ao cliente en concepto de comisión de aval ata un máximo do 1% do risco vivo anual.

Inversións ou gastos computables

O financiamento con fondos do ICO das Liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira avalados por unha SGR, poderá destinarse aos seguintes conceptos:

  • • Activos fixos produtivos novos ou de segunda man.
  • • Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismos, cun prezo máximo de 30.000 euros, sen incluír o IVE.
  • • Adquisición de empresas.
  • • Liquidez co límite do 50% do financiamento.

O financiamento con fondos da propia entidade financeira con aval do Igape, deberá destinarse aos seguintes conceptos:

  • • Activos fixos produtivos novos ou de segunda man.
  • • Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismos, cun prezo máximo de 30.000 euros sen incluír o IVE.

Ademais, ditos activos deberán corresponder a un investimento a desenvolver en solo industrial de parques empresariais ou industriais, adquirido no ano 2015.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape, iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de outubro de 2015.

Documentación de interese

Máis información

INFORMACIÓN: 900 81 51 51 e nas oficinas territoriais do Igape.

A fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, nos números de teléfono 900 81 51 51 ou 981 541 147.

TRAMITACIÓN: Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través da aplicación en http://www.tramita.igape.es

Martes, 25 August, 2015 - 13:00

Compartir