Axudas aos investimentos en equipamento produtivo

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) publica as bases reguladoras das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

A finalidade é apoiar a empresa galega nos custos de investimentos en equipamentos subvencionando sobre o volume de investimento en maquinaria, bens de equipamento ou sistemas informáticos.

Quen pode solicitar estas axudas?

As empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción das actividades excluídas pola normativa aplicable (Regulamento (UE) nº 2023/2831-Regulamento de minimis):

  • A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura
  • A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros

Cales son os conceptos subvencionables?

Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa desde o 1 de xaneiro de 2024 e anteriores á data de solicitude, podendo tamén incluír investimentos que se realizarán con posterioridade á data de solicitude, ata o 10 de decembro de 2024.

  • Compra de maquinaria ou bens de equipamento

  • Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware)

O importe mínimo de custo subvencionable total deberá acadar 40 000 €.

Ata cando se pode presentar as solicitudes?

As persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 7 de agosto ás 9:00 h e finaliza o 10 de outubro ás 14:00 h.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

 

Xoves, 10 October, 2024 - 14:00

Compartir