AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL 2018

Están publicadas no DOG as axudas aos proxectos de investimento empresarial, dispoñibles na páxina web do IGAPE:

http://www.igape.es/es/component/igpbdaxudas/ficha/IGAP351

A finalidade é estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica en Galicia e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Os beneficiarios poderán ser as pemes, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que cumpran os seguintes requisitos:

- Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado en Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nas bases. 

- Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custes subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 28 de decembro de 2018 ou cando se esgote o crédito orzamentario destinado a esta axuda.

Podes consultar o DOG Nº 184 Resolución de 26 de setembro de 2018.

 

Luns, 22 October, 2018 - 13:00

Compartir