Axudas laboratorios cooperativos no rural

Xa están publicadas no DOG as axudas de laboratorios cooperativos no rural convocadas para os anos 2019 e 2020.

Finalidade: fomentar a dinamización da economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica en dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral.

Destinatarios: os concellos de Galicia, mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios locais; asociacións de entidades de economía social, asociacións e fundacións que teñan entre os seus fins a promoción do cooperativismo e da economía social, do emprendemento ou o desenvolvemento económico ou local; e empresas privadas (entidades tractoras) para o programa I e cooperativas ou sociedades laborais de nova creación constituídas como resultado dun laboratorio cooperativo no rural, para o programa II.

Programas:

a) Fomento de laboratorios cooperativos no rural (procedemento TR807C)

Dirixido á dinamización da economía local mediante fórmulas de economía social, a través de entidades mentoras que identifiquen oportunidades de negocio no seu territorio e seleccionen un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica nun determinado sector, ao cal lle impartirán a formación específica necesaria nesa área de actividade así como asesoramento e acompañamento.

b) Impulso de proxectos empresariais colectivos (procedemento TR807D)

Dirixido a fomentar e  promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da Comunidade Autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a   posta   en   marcha   dos   proxectos empresariais   resultantes dos laboratorios cooperativos no rural.

Prazo de presentación das solicitudes:

Para o programa I: será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Para o programa II: comezará a partir do día seguinte ao da publicación da no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
 

Podes acceder a toda a información e documentación pertinente a través da sequinte ligazón: http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/secretaria-xeral-de-emprego?content=iniciativa_0031.html 

Orde e folleto da axuda:

Preme aquí para consultar a orde.

Tamén podes descargar o folleto da axuda.

 

Mércores, 22 Maio, 2019 - 14:30

Compartir