Bico de Grao S.Coop.Galega

Bico de Grao xorde da iniciativa de tres emprendedoras que, unidas polo desexo de  fomentar unha alimentación máis saudable e un consumo responsable, abriron en decembro de 2014 un establecemento pioneiro en Lugo en alimentación ecolóxica a granel.

O concepto diferenciador é xustamente a venda a granel, ao ser máis ecolóxico, responsable e innovador, o que lles permite aplicar o concepto tanto aos produtos de alimentación como aos servizos, ademais da súa vontade de crear unha rede con outras tendas de xeito profesional, demanda existente que, como indica a cooperativa, está sen cubrir.

Bico de Grao ofrece a posibilidade de que o consumidor elixa canto quere comprar, pois baséanse na idea de que, ademais do deber de consumir ecolóxico, tamén é necesario ser coherentes cun consumo responsable e sostible, e reducir os residuos ao máximo. Susténtase, polo tanto, nunha dobre idea de negocio:

Por unha banda, a tenda, centrada na:

  • Venda de produtos ecolóxicos, locais e km 0 baixo o concepto de todo a granel.
  • Creación dunha rede de compra e venda conxunta entre as distintas tendas de similares características.

Xestión comunitaria de servizos:

  • Posta en marcha un grupo de consumo de produtos frescos que sirva como punto de encontro entre produtores e consumidores.
  • Celebración de actividades no propio local da asociación co obxecto de ofrecer alternativas sustentables en todas as súas vertentes, por exemplo, actividades relacionadas cos valores da cooperativa ou co deseño téxtil, que dividen en tres temáticas: persoal, familiar e comunitaria. Este mesmo modelo de xestión de servizos ofértaselles ás tendas afíns, co obxectivo de desenvolver unha rede na que crear comunidade.

Bico de Grao, S. Coop. Galega
Ronda das Fontiñas, 226 baixo
Lugo
+34 981 560 250
www.facebook.com/bicodegrao

Compartir