Boborás con futuro | 4º Encontro

O Concello de Boborás organiza a actividade "Define o teu proxecto e descubre aspectos de mellora" no marco da Rede Eusumo.
Esta actividade desenvólvese dentro do proxecto "Boborás, concello piloto para un rural máis social e sostible", un programa innovador, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), para fomentar, impulsar e promover a xeración de ideas que dean lugar a novas iniciativas arredor da economía social.
A finalidade deste proxecto é buscar fórmulas que poñan en valor o potencial do Concello experimentando con diferentes metodoloxías de traballo que, mediante a participación activa da veciñanza, impulsen o emprendemento centrado na economía social e o desenvolvemento sustentable.
Esta cuarta actividade en modalidade presencial levarase a cabo o luns 12 de xuño de 2023 no Edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas (Boborás) de 17:00 h a 21:00 h.
O porgrama da sesión será o seguinte:
17:00 h - Traballo en parellas
18:30 h - Pausa café e netoworking
19:00 h - Presentación dos proxectos
O Concello Boborás convida a toda a veciñanza a participar, especialmente a persoas emprendedoras, empresarios/as locais, cooperativistas, axentes sociais, asociacións, empresas e organizacións.
As inscricións faranse a través deste formulario ou chamando ao 988 40 20 08.
Consulta o cartel da actividade.