A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca novas actividades para fomentar o espírito emprendedor

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, convoca a actividade formativa "Dinamización e fomento do espíritu emprendedor cooperativo no eido educativo", a través da que se pretende fomentar o espírito emprendedor no ámbito.

Este ciclo formativo prevé alomenos a realización de 16 xornadas, que se levarán a cabo en diferentes centros formativos galegos, dirixidos a alumnos da ESO, Bacharelato e outros ciclos de ensinanza.

Cada xornada estará composta por unha formación teórica, na que se se buscará transmitir a motivación cara o emprendemento cooperativo, así como por visitas guiadas a diferentes empresas para que o alumnado poida achegarse á realidade das cooperativas.

Podedes consultar toda a información respecto as datas previstas e os centros nos que se levará a cabo aquí.
 

 

 

Luns, 9 April, 2018 - 17:00

Compartir