Cambio de ubicación da Xornada "Mergúllate na Economía Social" en Santiago (23 de maio)

Por razón da alta demanda que suscitou a xornada “Mergúllate na economía social” que se celebrará o vindeiro mércores 23 de maio en Santiago de Compostela, a organización decidiu cambiar a ubicación do evento por unha de maior capacidade.

Finalmente a xornada terá lugar na Consellería de Sanidade, e non na Secretaría Xeral de Emprego.

O enderezo das súas instalacións é:

Rúa de Ceuta s/n

15703 Santiago de Compostela

Accede á ubicación exacta a través da seguinte ligazón.

https://goo.gl/maps/wGrgrGWdQGp

Mércores, 16 Maio, 2018 - 10:15

Compartir