Cegasal recibe o recoñecemento CECE aos valores sociais

A confederación Española de Centros de Ensinanza (CECE) é a organización patronal mais representativa do sector educativo de iniciativa social en España; conta con cerca de 1.500 centros asociados de ensinanza de todos os niveles educativos, desde a etapa infantil ata a universidade, e ten como obxectivo fundamental defender unha educación de calidade en liberdade e equidade.

CECE creou o “RECOÑECEMENTO CECE AOS VALORES SOCIAIS” para distinguir a aquelas persoas ou entidades que destacan por defender a liberdade, a igualdade, a xustiza e a solidariedade desde o ámbito educativo, cultural, deportivo, científico e humanitario.

Este ano o comité executivo da CECE acordou concederlle o “RECOÑECEMENTO CECE AOS VALORES SOCIAIS” a Cegasal.
A entrega enmarcarase no 47 Congreso Nacional que CECE organiza na Coruña o 29 de novembro.

Desde a Rede Eusumo dámoslle os nosos parabéns por este recoñecemento tan especial!

 

Venres, 29 November, 2019 - 10:00

Compartir