Certame Cooperativismo no ensino 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no ensino 2019.

O obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Establécense as seguintes modalidades de participación:

  • Actividades artísticas. Dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria.
  • Actividades cooperativizadas. Dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
  • Proxectos empresariais cooperativos. Dirixidas ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

O orzamento total ascende a 28.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2019.

Para consultar a orde completa, prema aquí.

Descarga o cartel do certame aquí.

Descarga o folleto do certame aquí.

 

Xoves, 31 January, 2019 - 10:00 to Martes, 30 April, 2019 - 10:00

Compartir