Ciclo de seminarios de asesoramento en liña sobre “ O papel estratéxico da RSE en tempos de covid 19”

RSE Innolab Galega e o proxecto GEMCAT “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo” puxeron en marcha un ciclo de webinars de asesoramento sobre Responsabilidade Social Empresarial, dirixido a pemes transfronteirizas que, co fin de facer fronte á crise sanitaria e actual, buscan transformar a xestión do seu modelo de negocio e readecuar as formas de traballo, outorgándolle maior protagonismo á sustentabilidade e responsabilidade social.

O programa de asesoramento está formado por 8 webinars, onde as empresas participantes poderán coñecer as principais vantaxes da RSE á hora de reorientar o seu modelo de negocio en tempos de COVID-19. Os webinars, que terán unha duración de dúas horas e unha periodicidade semanal, será impartidos a través da ferramenta de videoconferencia Zoom, e estarán abertos a calquera persoa que se inscriba.

O obxectivo do ciclo é informar as empresas sobre como os cambios globais que están a acontecer poden afectar os seus modelos de negocio e como acertar na elección de accións no contexto actual, facendo especial fincapé nos catro piares dunha empresa: os empregados, os clientes, a imaxe e a competencia.

Os webinars terán unha orientación práctica, mostrando casos de éxito reais e adaptándose ás necesidades e intereses concretos dos participantes. Fomentarase a participación e o debate mediante a creación dun foro que recolla as consultas dos participantes. Este foro tamén permitirá identificar oportunidades de colaboración entre os rexistrados, así como o desenvolvemento da capacidade de resolución de problemas dos participantes.

Podes inscribirche ao ciclo e acceder á programación dos webinars aquí.

Ademais, podes visualizar os webinars xa realizados a través das seguintes ligazóns:

  • Webinar 1: “RSE para escépticos: Como crear vantaxes competitivas a través dunha estratexia de sustentabilidade diferenciadora” (18/12/2020)
  • Webinar 2: ““RSE e comunicación. Do Greenwashing ao propósito” (21/12/2020)

 

Venres, 18 December, 2020 - 18:00 to Venres, 26 February, 2021 - 18:00

Compartir