Como podo facer a miña entidade visitable e accesible? | Formación

MAR DE AMICOS é unha iniciativa de colaboración estratéxica entre FUNDAMAR e Amicos, que conta co apoio da Rede Eusumo.

Este proxecto ten como obxectivo fomentar a empregabilidade de persoas con discapacidade a través da promoción do turismo inclusivo e a accesible entorno ao patrimonio marítmo pesqueiro.

Como parte das actividades desta iniciativa, MAR DE AMICOS organiza a formación "Como podo facer a miña entidade visitable e accesible?", que se levará a cabo o mércores 14 de xuño de 2023 na Lonxa de Ribeira de 11:00 h a 13:00 h.

Esta actividade vai dirixida a persoal de entidades do sector marítimo-pesqueiro que realizan ou desexan realizar visitas e actividades turísticas.

Inscríbete en fundamar@fundamar.org ata o 12 de xuño.

Consulta o cartel completo da formación.

 

Mércores, 14 June, 2023 - 11:00 to 13:00

Compartir