Coñece as cooperativas e sociedades laborais

A Rede Eusumo organiza a seguinte actividade presencial sobre:

COÑECE AS COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS
 

Data: 6 de outubro de 2022

Horario: de 18:00 a 19:30 horas

Modalidade: presencial

Lugar: Centro de formación A Reiboa, Escola taller - baixo protección civil

Destinatarios: esta acción está dirixida ao público en xeral que pretenda emprender e desexe resolver as súas dúbidas en canto ao funcionamento e a constitución deste tipo de entidades.

Obxectivos: 

  • Achegar o modelo cooperativo e das sociedades laborais ao público que quere emprender
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo e asociativo
  • Achegar experiencias reais de emprendemento con exemplos de entidades de éxito en Galicia.

Programa:

  • Benvida e presentación da Rede Eusumo
  • Os valores da Economía Social
  • As Sociedades Laborais:
    • Características e particularidades
    • Tipos e exemplos
  • Coñecendo a fórmula empresarial cooperativa
    • As cooperativas como modelo empresarial: Características e particularidades, entorno cooperativo, principios e valores.
    • Tipos e exemplos de cooperativas
  • Axudas APROL Economía Social
  • Peche da actividade

Inscricións:

- Gratuíta
- Ata o día 5 de outubro a través do seguinte formulario.
- Máis información en eusumo.emprego@xunta.gal / 981 558 008

Preme aquí para descargar o folleto co programa formativo.

 

Xoves, 6 October, 2022 - 18:00 to 19:30

Compartir