Coñece a Economía Social e os tipos de entidades que a forman

Desde a Rede Eusumo lanzamos o curso ‘Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman’ para seguir apostando pola formación no eido da economía social.

Esta actividade ten unha duración de 20 horas e deberase completar entre o 4 e o 18 de novembro de 2022 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é dar a coñecer a economía social e as entidades que a forman, así como comparar estas fórmulas de economía social con outras fórmulas xurídicas.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a todas as persoas interesadas en coñecer o mundo da economía social e que queiran consolidar os seus proxectos empresarias.

O programa formativo estrutúrase da seguinte maneira:

MÓDULO 1. A economía colaborativa

MÓDULO 2. Que é a economía social?

MÓDULO 3. As cooperativas

MÓDULO 4. As sociedades laborais

MÓDULO 5. Outras fórmulas de economía social

MÓDULO 6. Características e diferenzas fronte a outras fórmulas xurídicas
 

As inscricións estarán abertas ata o 3 de novembro de 2022 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta na nova plataforma de teleformación de Eusumo
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 
Venres, 4 November, 2022 - 00:00 to Venres, 18 November, 2022 - 23:45

Compartir