Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman | Edición IV

A Rede Eusumo organiza a 4ª edición da actividade en liña: "Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman"

Datas: do 19 de setembro ao 3 de outubro 2023

Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo

Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer o mundo da economía social e que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer a economía social así como as entidades que a forman.

  • Comparar estas fórmulas de economía social con outras fórmulas xurídicas.

Programa:

MÓDULO 1. A economía colaborativa

MÓDULO 2. Que é a economía social?

MÓDULO 3. As cooperativas

  • Tipos de cooperativas
  • Normativa que rexe as cooperativas
  • Órganos das cooperativas
  • Réxime económico e fiscal

MÓDULO 4. As sociedades laborais

MÓDULO 5. Outras fórmulas de economía social

MÓDULO 6. Características e diferenzas fronte a outras fórmulas xurídicas

As inscricións estarán abertas ata o 18 de setembro de 2023 e faranse seguindo estes pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel completo desta formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Martes, 19 September, 2023 - 00:00 to Martes, 3 October, 2023 - 23:45

Compartir